Partido

Via Alfoz constitúese como partido político o día 9 de outubro de 2017,  promovido polos 12 integrantes da agrupación de electores que nas eleccións de 2015 se presentaron baixo o nome de Veciños Independentes de Alfoz.

Via Alfoz pretende ser un referente no goberno do concello, promovendo a participación activa da veciñanza de Alfoz na vida pública municipal e considerando que a creación desta organización permitirá que as xentes de Alfoz teñan unha alternativa na que confiar.

Estes dous pilares fundamentais forman o preámbulo dos estatutos do partido.

Aparte disto, demostramos que se pode facer política doutra maneira: colaborando e non competindo, falando con todos para ter cordialidade e unanimidade e facendo campañas limpas sen desprestixiar aos demais.

VIA ALFOZ  - A Seara, 21 Baixo - 27775 Alfoz (Lugo) | E-mail: vialfoz@gmail.com

© Dereitos de autor. Todos os dereitos reservados. Deseño web grieih