Via Alfoz contitúe unha organización política formada por persoas independentes con vocación de servizo ao seu pobo, convencidas de que Alfoz necesita ideas e non ideoloxías e de que se deben unicamente á súaveciñanza, sen ordes de partidos de ámbito superior.
O principal órgano de goberno do partido é a Dirección Executiva, que goberna, xestiona, administra e representa ao partido ante os afiliados e ante terceiros, de acordo cos criterios e directrices emanados da Asemblea Xeral.
Na II Asemblea Xeral de VIA Alfoz, celebrada o domingo 28 de novembro de 2021, ratificouse a Dirección Executiva que vos presentamos a continuación.
No inicio da lexislatura 2019-2023, formaron parte do Grupo Municipal de Via Alfoz os concelleiros electos Xabier Pardiñas Suárez e Carmen Geada Maseda.
Cumprida a metade da lexislatura, e para darlle participación a novos membros do partido nos órganos colexiados do Concello, Efigenia Maseda Paz e Eliseo Lorenzo García, substituiron aos anteriores membros e pasaron a integrar o novo Grupo Municipal de Via Alfoz. Actualmente estas son as súas funcións:
Efigenia Maseda Paz. Voceira titular e membro da Comisión Especial de Contas.
Eliseo Lorenzo García. Voceiro suplente e membro da Comisión Especial de Ordenanzas e do resto dos Órganos Colexiados.